Limpiar

Filtros

Aplicar

Limpiar

Filtros

Aplicar

TORTILLAS

TORTILLA CLÁSICA

"A nosa tortilla: tradicional, artesá e exactamente como a ti che gusta." Feita ao momento con patacas galegas e ovos de granxa. Ti decides como a queres: con cebola para os clásicos ou sen cebola para os puristas. E o máis importante... o punto! Dende pouco feita (das que mollen o pan) ata ben callada, ti tes a última palabra. Escolle o tamaño que mellor se adapte á túa fame: Pequena: Para un antollo individual. Mediana: Ideal para compartir entre dous. Grande: A raíña das racións. Extra Grande: Para grandes xuntanzas e auténticos lambóns.

Desde 7.50 €

TORTILLA QUEIXO AZUL

"A intensidade do queixo azul na túa tortilla ideal." Dámoslle un xiro á nosa receta clásica engadindo o carácter e a cremosidade do mellor queixo azul. Unha combinación irresistible para os padares máis atrevidos. Coma sempre, mandas ti: selecciona se a queres con ou sen cebola e indícanos o seu punto de cocción (dende moi mellosa ata ben callada). Escolle o tamaño perfecto para a ocasión: Pequena: O capricho ideal para un. Mediana: Para compartir a dous. Grande: Para gozar en grupo. Extra Grande: A raíña da mesa para os máis larpeiros.

Desde 8.50 €

TORTILLA DE CHOURIZO

"O sabor máis tradicional da nosa terra nunha tortilla única." Engadimos o mellor chourizo galego á nosa receita clásica de patacas e ovos de granxa. Unha combinación que aporta ese toque afumado e sabroso tan característico da nosa terra. Como ti es quen manda na cociña, personalízaa ao 100%: escolle se a queres con ou sen cebola e indícanos o seu punto de cocción favorito. Escolle o tamaño que mellor se adapte ao teu apetito: Pequena: Para un antollo con moita enerxía. Mediana: O tamaño ideal para compartir. Grande: Para gozar dunha comida completa. Extra Grande: A estrela de calquera mesa con amigos.

Desde 8.00 €

RACIÓNS

BÁGOAS DE POLO

Desfruta das nosas bágoas de polo artesás: tiras de peituga seleccionada, marinadas para que queden moi tenras e rebozadas cun pan raiado sen glute que lles dá un toque extra crocante. Acompañadas das nosas patacas fritidas caseiras e un delicioso alioli para mollar.

Desde 7.50 €

PEITUGA DE POLO

11.50 €

TEQUEÑOS

Deliciosos dediños de masa de trigo crocante e dourada, recheos dun xeneroso taco de queixo fundido que se estira en cada bocado. Un clásico aperitivo de orixe venezolana, perfecto para compartir. Acompañanse de salsa a elexir: mel mostaza, alioli, ketchup,, maionesa ou salsa brava.

Desde 4.50 €

RAXO CON PATACAS FRITIDAS

Disfruta dunha xenerosa ración de raxo de porco (lombo limpo e tenro), cortado a man e adobado seguindo a receita da casa con moito allo e perexil fresco. Cociñado na tixola para que quede dourado e xumento, servido sobre unha cama de patacas fritidas caseiras que recollen todo o recendo do adobo. Un prato honesto, con fundamento e moito sabor.

Desde 8.50 €

ZORZA CON PATATAS

Goza dunha ración de zorza galega artesá: carne de porco picada e adobada con esmero seguindo a receita de sempre, con pemento da Vera. Salteada na tixola para que quede dourada e solte o seu característico adobo sobre unha xenerosa cama de patacas fritidas do país. Un prato intenso, lixeiramente picante e cun sabor que é pura tradición.

Desde 9.50 €

SOLOMBO CON PATACAS FRITIDAS

Tenros medallóns de solombo de porco seleccionados, selados na prancha a alta temperatura para conservar toda a súa xugosidade e rematados nunha delicada redución de viño branco. Un prato que destaca pola súa suavidade e o equilibrio de sabores, acompañado de patacas fritidas do país.

Desde 7.50 €

CHOURICIÑOS AO VIÑO

Deliciosos chouriciños de primeira calidade, cociñados a lume lento nunha xenerosa redución de viño tinto da casa. Este proceso consegue que o chourizo quede tenro e meloso, mentres que o viño se transforma nunha salsa brillante e intensa, ideal para mollalo pan.

8.50 €

LACÓN Á FEIRA

Desfruta dunha xenerosa ración de lacón cocido no seu punto exacto de tenrura, cortado en finas talladas e servido sobre unha cama de cachelos (pataca cocida). Todo aderezado cun fío de aceite de oliva virxe extra, sal groso e o toque mestre de pemento doce ou picante.

Desde 6.50 €

XAMÓN ASADO

Talladas de xamón asado no seu punto de xugosidade, bañado nunha redución artesanal de hortalizas (cenoria, cebola e pemento). Servido cunha gornición de patacas fritas caseiras.

Desde 7.00 €

PEMENTOS DE PADRÓN

Pementos verdes da variedade Padrón, seleccionados e fritidos ao momento. Unha ración lixeira, sabrosa e 100% vexetal, perfecta como entrante ou para acompañar calquera das nosas carnes.

8.50 €

TABOA DE QUEIXOS

Unha coidada selección para os amantes do queixo que busca o equilibrio perfecto entre tradición e innovación. Esta táboa inclúe: *Queixo Cremoso do País: A esencia de Galicia, suave, lácteo e cunha textura que se desfai na boca. *Queixo de Pementón da Vera: Co toque afumado e a cor vibrante do mellor pementón artesán. *Queixo de Pementos de Padrón: Unha sorpresa orixinal que combina a cremosidade co sabor inconfundible da nosa horta. *Queixo Azul: A forza e a intensidade para pechar unha táboa con carácter.

Desde 5.50 €

HUMUS DE GARABANZOS

Cremoso, fresco e 100% natural. Elaborado na casa e servido con regañas de pan (normais ou sen glute).

7.00 €

HUMUS DE LENTELLAS

Feito na casa con ingredientes naturais e servido con regañas (normais ou sen glute).

7.00 €

PATACAS FRITIDAS

Patacas auténticas, de verdade, cortadas e fritidas na casa. Cruxintes, douradas e listas para combinar coa túa salsa favorita.

4.00 €

PAN

0.60 €

PESCADO

SALMÓN Á PRANCHA

Salmón selado á prancha, acompañado de patacas panadeiras caseiras e tomate fresco aliñado.

13.00 €

MERLUZA Á GALEGA

Peza de merluza de primeira calidade preparada ao estilo tradicional. Acompañada de patacas da terra cocidas no seu punto e bañada nunha suave emulsión de aceite, allo e pemento.

14.00 €

ENSALADAS

ENSALADA CAPRESSE

A frescura do tomate e a cremosidade da mozzarella unidas pola maxia da nosa redución de aceite de alfábega.

7.00 €

ENSALADA SIMPLE

Unha combinación clásica e refrescante elaborada con leituga fresca e cruxinte, tomates madurados no seu punto e cebola branca cortada fina.

5.50 €

BOCADILLOS

BOCATA DE QUEIXO DO PAÍS

Desfruta da máxima calidade co noso bocata de queixo do país: un queixo artesán, suave, cremoso e con ese punto xusto de sal. Servido en xenerosas talladas sobre pan de molete artesán de codia rústica. Un bocado que sabe a tradición e a Galicia auténtica.

4.50 €

BOCATA DE PEITUGA DE POLO

Tenra peituga de polo preparada á prancha no seu punto xusto de dozura, servida en pan artesán. Unha opción clásica, saudable e deliciosa.

5.00 €

BOCATA DE SOLOMBO

Tenros medallóns de solombo de porco marcados á prancha para conservar toda a súa xugosidade, bañados nunha exquisita redución de viño branco caseiro. O contraste entre a suavidade da carne e o corpo do viño crea unha harmonía de sabores única. Servido nun pan artesán lixeiramente tostado para un bocado redondo.

7.00 €

BOCATA DE LACÓN A FEIRA

Desfruta do noso lacón á feira cortado en finas talladas, tenro e no seu punto xusto de cocción. Servido con xenerosidade sobre pan de bola artesán, aderezado con aceite de oliva virxe extra e o toque imprescindible de pemento (doce ou picante, como ti prefiras). Unha homenaxe á nosa tradición máis auténtica.

7.50 €

BOCATA DE RAXO

Suculentos tacos de raxo de porco (lombo limpo), adobados ao xeito tradicional con moito allo e perexil. Pasados pola tixola para que queden dourados por fóra e moi tenros por dentro. Servido nun pan de bola artesán que recolle todo o mollo da carne. Un bocado intenso, honesto e cheo de sabor galego.

7.00 €

BOCATA XAMÓN ASADO

Tenras e suculentas talladas de xamón asado ao forno no seu propio mollo, cubertas cunha xenerosa capa da nosa salsa de verduras caseira, elaborada a lume lento con produtos da horta. Un bocadillo que destaca pola súa xugosidade e ese sabor artesán que tanto nos gusta. Todo nun pan de bola rústico preparado para non perder nin pinga de sabor.

7.50 €

BOCATA DE ZORZA

Disfruta dun delicioso bocata de zorza artesá, elaborada con carne de porco de primeira calidade e adobada con pemento, allo e sal seguindo a receita de sempre. Pasada pola prancha para que quede tenra e zumenta, servida nun pan de bola artesán con esa codia crocante que tanto nos gusta. Un manxar enxebre para os amantes do auténtico!

7.50 €

SOBREMESA

TARTA DA AVOA

Elaborada seguindo a receita auténtica que pasou de xeración en xeración. Capas de galletas de sempre mergulladas en leite, intercaladas con dous recheos irresistibles: unha suave e cremosa crema pasteleira caseira e unha densa capa de chocolate fundido.

6.00 €

TARTA DE QUEIXO

Elaborada artesanalmente con unha selección de queixos crema de alta calidade, ovos de granxa e un chisco de nata. Cocida a alta temperatura para acadar ese exterior tostado e caramelizado tan característico, mentres que o seu interior permanece infinitamente cremoso e fundente.

6.00 €

TARTA DE CAFÉ

Unha delicia de texturas suaves e equilibradas onde o protagonista é un café de selección infundido artesanalmente. Cun corpo cremoso e unha base lixeira, esta tarta destaca polo seu aroma envolvente e un sabor profundo que equilibra o dulzor co toque xusto de amargor natural.

5.00 €

TIRAMISÚ

Unha interpretación lixeira e delicada do tradicional postre italiano. Capas de bizcoitos de soletilla empapados nun café de selección, intercaladas cunha crema de nata montada e queixo crema, de textura aveludada e un toque de dozura equilibrada. Rematado cunha fina chuvia de cacao puro en po que contrasta coa brancura da nata.

6.00 €